Saltar ao contido

Ursula K. Le Guin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUrsula K. Le Guin
Biografía
Nacemento(en) Ursula Kroeber Editar o valor en Wikidata
21 de outubro de 1929
Berkeley (California, Estados Unidos)
Morte22 de xaneiro de 2018
Portland (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturavalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPortland (1958–2018)
Berkeley Editar o valor en Wikidata
RelixiónTaoísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia - mestría en artes (–1952)
Radcliffe College
Universidade Harvard
Berkeley High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiction (en) Traducir, ciencia ficción, literatura fantástica e literatura de ciencia ficción Editar o valor en Wikidata
OcupaciónNovelista
Período de actividadedécada de 1960 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCiencia ficción, Fantasía e ciencia ficción feminista Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCharles Le Guin (1953–2018), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
PaisAlfred L. Kroeber Editar o valor en Wikidata  e Theodora Kroeber Editar o valor en Wikidata
IrmánsKarl Kroeber Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
American Women Writers (en) Traducir
Metzler Autorinnen Lexikon (en) Traducir, (p.295–296) >>>:LeGuin, Ursula K(roeber) Editar o valor en Wikidata
Páxina webursulakleguin.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0494372 Allocine: 139511 Rottentomatoes: celebrity/ursula_k_le_guin TCM: 563810 Metacritic: person/ursula-k-le-guin TV.com: people/ursula-k-leguin
Twitter: ursulakleguin BNE: XX927978 Bitraga: 3750 iTunes: 129924788 Musicbrainz: bbdadb51-0e9c-4cc4-b545-968b9375b416 Discogs: 1559057 WikiTree: Kroeber-15 Find a Grave: 186835369 Editar o valor en Wikidata

Ursula Kroeber Le Guin, nada en Berkeley, California, o 21 de outubro de 1929 e finada o 22 de xaneiro de 2018,[1] foi unha escritora estadounidense de ciencia ficción e fantasía.

Escribiu poesía, libros infantís e ensaios, e incluso traduciu obras doutros autores dende o chinés e o español[Cómpre referencia]. Así e todo, debe a súa fama ó numeroso caudal de libros e contos de ciencia ficción e fantasía publicados ó longo da súa carreira con varios premios Hugo e Nébula. Foi a única muller que ata a data foi galardoada co título de Gran Mestra pola Asociación de escritores de ciencia ficción e fantasía dos Estados Unidos (SFWA).[2] Considerabase unha feminista anarquista e taoísta.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Berkeley, California o 21 de outubro de 1929. O seu pai era o eminente antropólogo Alfred L. Kroeber e a súa nai, Theodora, escritora de literatura infantil. Dende pequena educouse nunha atmosfera de interese académico polos mitos e lendas de tódolos pobos da terra. O seu interese pola literatura é temperán: xa á idade de 11 anos enviou o seu primeiro relato á reputada revista Astounding Science Fiction e, aínda que foi rexeitado, iso non lle fixo desistir.[3]

Foi á Escola Radcliffe da Universidade Harvard, onde se graduou en 1951, e logo pasou un ano na Universidade de Columbia onde fixo o seu posgraduado en linguas romances. A súa tese de mestría relacionaba diversos aspectos da literatura romance da Idade Media e o Renacemento. Tras finalizar o seu curso de posgraduado, obtivo unha bolsa Fulbright para estudar en Francia, onde coñeceu ó que se convertería no seu marido, Charles Le Guin. Casaron en 1953.[4]

Á súa volta aos Estados Unidos ensinou francés en varias universidades antes de se dedicar por completo á literatura. Publicou seis libros de poesía, vinte novelas e máis dun centenar de historias, catro coleccións de ensaios, once libros para nenos e algunhas traducións (entre as que destaca o Tao Te Ching de Lao Tse e unha selección de poemas de Gabriela Mistral). Dende 1958 viviu en Portland, Oregón, onde deu a luz os seus tres fillos.[5] Hoxe en día está considerada como un dos mellores autores vivos do xénero; no ano 2003 foi galardoada como "Gran Mestra" da SFWA (a primeira muller en obter esta distinción).[6]

Primeiras publicacións

[editar | editar a fonte]

As súas primeiras creacións literarias non foron no terreo da fantasía, pero non obtivo moito interese por parte das editoriais. Entón volveu ó campo da fantasía en busca dun estilo e formas que lle permitisen profundar nos temas que lle interesaban sen perder a capacidade de publicar aquilo que escribía.

A súa primeira publicación dun conto de fantasía foi na revista Amazing en 1962, pero o seu debut como novelista non chegaría ata catro anos máis tarde, coa novela Rocannon's World [7](1966). A historia de Rocannon conta a viaxe dun científico a un mundo poboado por tres especies intelixentes diferentes nun ambiente máis propio da fantasía que da ciencia ficción. En realidade, esta historia enmarcábase xa nas bases do que sería o seu propio universo de creación: o universo Hainish, no que conviven diferentes razas humanoides descendentes dunha única civilización ancestral proveniente do planeta Hain e cuxa diversidade psicolóxica e sociolóxica permiten explorar unha gran diversidade de facetas e valores da nosa propia cultura.

A serie, que nos traslada a 2500 anos no futuro, continuou durante o final dos anos 60 con outras novelas como Planet of Exile en 1966, City of Illusions un ano despois, e unha das súas obras mestras, The Left Hand of Darkness en 1969, novela premiada tanto cun Hugo como cun Nébula e que a catapultou á fama.[6][8]

Ursula K. Le Guin, alén da ciencia ficción, tamén cultivou con moito éxito o xénero fantástico e posiblemente a serie de fantasía lle outorgou tanta fama como as súas obras de ciencia ficción.

A serie de Terramar, na que se narra a historia dun xove aprendiz de mago que ten que loitar contra o seu propios medos e fantasmas, foi iniciada coa novela de 1968, O feitizeiro de Terramar,[9] e posteriormente continuada en 1971 con As Tumbas de Atuan[9] e The Farthest Shore. E moitos foron os que coñeceron a esta escritora grazas a estes tres títulos.

Vinte anos despois, Le Guin volvería a retomar os personaxes e escenarios oceánicos, con Tehanu: The Last Book of Earthsea (1990) e The Other Wind (2001), aínda que entre tanto seguiu escribindo algúns contos dentro deste mundo que se poden atopar en escolmas como The Wind's Twelve Quarters ou o máis moderno Tales from Earthsea.

As historias de Terramar foron moi ben acollidas polo público, a pesar de que os premios foron escasos. Mais é certo que Tehanu: The Last Book of Earthsea lle supuxo un Nébula (o primeiro na historia dos galardóns outorgado a unha novela de fantasía non científica e o terceiro en toda a súa carreira, unha marca non igualada por ningún outro autor dende que se instaurou este galardón en 1965).

Outras novelas e contos

[editar | editar a fonte]

Tras rematar a, daquela, triloxía de Terramar, Le Guin regresou ós mundos Hainish; e fíxoo para volver a gañar de novo tanto o Hugo como o Nébula grazas a The Word for World Is Forest (1972), premio Hugo do ano 1973, e a que é considerada a súa outra obra mestra Os despoxados[10] (1974), obra coa que en 1975 volveu ser considerada tanto pola Sociedade mundial de ciencia ficción como pola SFWA como a mellor escritora de ciencia ficción do ano. Ese mesmo ano, apareceu unha recompilación de contos: The Wind's Twelve Quarters, no que se recollen algunhas historias difíciles de atopar, a pesar de ser algunha, como é o caso de "The Day Before the Revolution " galardoada con varios premios (Nébula, Locus e Jupiter, no caso antes mencionado).

Le Guin tamén publicaba constantemente nas revistas de ciencia ficción da época. Daqueles contos saíron recompilacións como The Compass Rose (1982), A Fisherman of the Inland Sea (1994) e Four Ways to Forgiveness (1995). Máis recentemente regresou a este que asemella o seu universo favorito cunha nova recompilación de contos titulada The Birthday of the World and Other Stories (2002).

Naqueles anos tamén escribiu outras novelas de ciencia ficción que non ocorren no universo hainish. Tal é o caso de The Lathe of Heaven (1971), The Eye of the Heron (1984) e Always Coming Home (1985).

Antropoloxía-ficción

[editar | editar a fonte]

Gran parte da obra de ciencia ficción de Le Guin distínguese polo seu interese nas Ciencias Sociais, entre elas a socioloxía e a antropoloxía. As súas obras adoitan explorar aspectos infrecuentes das culturas alieníxenas que presentan mensaxes e reflexións sobre a nosa propia cultura. É neste sentido que algúns cualifican a súa obra de ciencia ficción como ciencia ficción branda fronte ás correntes moito máis materialistas e fisicistas que se adoitan cualificar como ciencia ficción dura.

Un exemplo desta reflexión é a exploración que se fai en The Left Hand of Darkness da nosa identidade sexual e os nosos tabús, mediante a presentación da raza nativa de Gueden, unha raza alieníxena que alterna a súa sexualidade de forma periódica no que asemellaría a un estado de celo (kemmer) e a súa reacción ante a existencia de persoas unisexuadas como o protagonista da historia.

A capacidade de Le Guin para crear mundos cribles poboados por personaxes fondamente humanos (con independencia de que poidan ser cualificados tecnicamente como tales) é ben coñecida.

A súa serie de fantasía emprazada no imaxinario mundo de Terramar tamén ten unha lectura social, máis do que autores como J. R. R. Tolkien, a quen Ursula citaba entre os seus referentes.[11]

Por outra parte, moitos expertos adoitan incluír na súa lista de calidades e intereses temas como o taoísmo, o anarquismo, o feminismo, a psicoloxía e a socioloxía. Todas estas cuestións tratounas cun estilo único.

Contos non fantásticos

[editar | editar a fonte]

Co tempo, algunhas das historias non relacionadas coa fantasía (aínda que situadas en países ficticios ou imaxinarios) tamén tomaron a forma de antoloxías e apareceron en publicacións como os Imaginary Countries (Orsinian Tales)", "Malafrena" e "Unlocking the Air".

Literatura infantil e xuvenil

[editar | editar a fonte]

Aínda que é moi discutible o tópico que existe sobre a idoneidade da ciencia ficción para o público adulto, as historias de ciencia ficción e de fantasía de Le Guin teñen, se cabe, moito menos de literatura xuvenil que o común da ciencia ficción. A literatura de ciencia ficción posiblemente nunca foi tan adulta e dirixida tanto ós adultos como no caso das súas obras mestras: "A man esquerda da escuridade" e "Os desposuídos". Así e todo, Ursula K. Le Guin si que escribiu libros infantís.[12] Unha lista dos seus libros para nenos incluiría títulos como: The Catwings Collection (que inclúe Catwings, Catwings Return, Wonderful Alexander and the Catwings e Jane on her Own), ademais de títulos como Fish Soup, A Ride on the Rede Mare's Back, A Visit from Ir. Katz e Tom Mouse. Por outro lado, e destinado a un público máis ben adolescente ou de "mozos adultos" tal e como o define a propia autora, achamos títulos exquisitos como Very Far Away from Anywhere Else.

Publicacións máis recentes

[editar | editar a fonte]

Recentemente foi traducida a súa penúltima contribución á literatura fantástica e de ciencia ficción: unha colección de contos publicada no ano 2003 titulada Changing Planes. Así a todo, aínda está por traducir unha obra de fantasía publicada no ano 2004 titulada Gifts, galardoada co premio premio PEN Center USA.

  1. Jonas, Gerald (23 de xaneiro de 2018). "Ursula K. Le Guin, Acclaimed for Her Fantasy Fiction, Is Dead at 88". The New York Times. 
  2. "Ursula K. Le Guin > Poemas del Alma". www.poemas-del-alma.com (en castelán). Consultado o 2023-01-16. 
  3. "Ursula K. Le Guin". Book Series in Order. 2017-07-22. Consultado o 2023-01-16. 
  4. "Ursula K. Le Guin Age, Affairs, Husband, Children, Books, Family, Biography, Facts & More - StarsInformer". starsinformer.com (en inglés). 2018-01-24. Consultado o 2023-01-16. 
  5. locusmag (2018-01-23). "Ursula K. Le Guin (1929-2018)". Locus Online (en inglés). Consultado o 2023-01-16. 
  6. 6,0 6,1 Fictions, © 2021 Science; America, Fantasy Writers of; SFWA®, Inc; Fiction, Nebula Awards® are registered trademarks of Science; America, Fantasy Writers of; SFWA, Inc Opinions expressed on this web site are not necessarily those of. "Ursula K. Le Guin". The Nebula Awards® (en inglés). Consultado o 2023-01-16. 
  7. "Summary Bibliography: Ursula K. Le Guin". www.isfdb.org (en inglés). Consultado o 2018-04-30. 
  8. "Award Bibliography: Ursula K. Le Guin". www.isfdb.org (en inglés). Consultado o 2018-04-30. 
  9. 9,0 9,1 Tradución ao galego por Urco Editora (2018)
  10. Le Guin, Ursula K. (D.L. 2010). Os despoxados unha utopía ambigua. [Santiago de] Compostela: Urco. ISBN 9788493855871. OCLC 776268991. 
  11. "Ursula-K-Le-Guin". bookseriesinorder.com (en inglés). 
  12. "Ursula K. Le Guin — Children's Books". Ursula K. Le Guin (en inglés). Consultado o 2023-01-16.